viernes, 30 de mayo de 2008

Preguntas e rogos pleno de maio 2008

¿Qué fan a porterías do campo de fútbol nunha finca privada?

¿Porqué regalan bens públicos, como o son as porterías, a particulares?

A canto ascende o orzamento da festa da lamprea? ¿Cantos tickets se venderon?

¿Cando pensan repoñer o firme na rúa Carlos Maside e zona do Telleiro, pois non é de recibo que leve tantos meses como está, ocasionando molestias a veciños e comerciantes, incluso con caídas dalgúns viandantes?

No entorno da igrexa crearon un caos circulatorio e de aparcamento, onde antes non o había e se circulaba con relativa normalidade.
Por un lado as persoas que non contan con disco horario acuden a aparcar nesa zona.
Por outro prohibiron estacionar, como se fixo sempre, no lateral da igrexa.
O resultado é un caos circulatorio e de estacionamentos nesa zona é o que se lle ocorre e eliminar unha dirección de entrada ao pobo.

¿Cantos veciños de Infesta protestaron porque non estaban conformes co sentido de circulación como estivo ata agora?

¿Acaso hai protestas ou queixas de peregrinos ou do Xacobeo?

Vostede mesma estivo de acordo cando se estableceu ese sentido da circulación e agora cambia de opinión sen constar problemas.
Pensamos que é un erro e só se queren buscar problemas onde agora non os hai. Agora sí que están a protestar os veciños. Dende o BNG non estamos de acordo co cambio.

¿Cantas actas de presunta infracción se teñen levantado por incumprimento das normas destacionamento na zona azul?

¿A canto ascende a recaudación por este motivo ata o de agora?

Nos meses de novembro e decembro anunciouse por parte do Sr. Randulfe, tanto aos medios de comunicación como a este Pleno, que os orzamentos estarían para presentar a pleno nese mesmo ano.
Como nos os tiveron, dixo que para principios de ano.
Estamos no mes de xuño, prácticamente e seguimos na mesma. ¿Cando se van a presentar os orzamentos?

sábado, 24 de mayo de 2008

As normas, para os outros



O BNG quer denunciar públicamente a realización dunha obra, ao noso entender ilegal, levada a cabo por un familiar directo da Alcaldesa Maribel Castro. Dita obra consiste nun movemento de terras con posterior recheo, no camiño da Toxa á altura do canal do regadío, zona coñecida como “A Cruxa” e afectando ao propio canal de regadío.
Dita obra de recheo (terra e pedras) debe contar coa licenza municipal oportuna e o permiso de Augas de Galicia, dado que a súa proximidade ao canal pode provocar a caída de pedras e terra no interior deste, imposibilitando o uso do mesmo.
Para o BNG esta obra carece dos permisos pertinentes, demostrando unha vez máis a política clientelista en temas urbanísticos, beneficiando sempre aos seus apoios políticos e familiares. Nós non entendemos como os seus socios de goberno (Partido Popular e Sabariz) poden facer a vista gorda ante tales prácticas.
Estas actuacións irregulares son inconcebibles nestes tempos que corren. A xestión do urbanismo e obras non pode ser utilizada de maneira partidista beneficiando aos seus e prexudicando aos demáis veciños do pobo.

lunes, 19 de mayo de 2008

Agora o colexio pouco importa








O BNG informa acerca do mal estado no cal se atopa o CPI de Infesta e o seu recinto escolar. Obsérvase un total abandono destas instalacións que se aprecia a simple vista. Destacamos:
1.- O patio escolar, zona de lecer e esparcemento para os alumnos, atópase con abundante maleza, de máis dun metro de altura e lixo abundante. Nas actuais condicións difícilmente os rapaces poden aproveitar convintemente as instalacións educativas.
2.- Os canalóns do edificio da ESO atópanse totalmente atorados discurrindo a auga da choiva pola parede do edificio, incluso pódese observar baixantes totalmente corroídas polo óxido que, aparte de ofrecer un lamentable aspecto, supón un risco evidente para os alumnos.
Para o BNG o único responsabel do estado de abandono das instalacións educativas é a actual equipa de goberno que ten a responsabilidade e obriga de manter en perfecto estado ditas instalacións, para o cal dispoñen de fondos específicos da administración autonómica.
Ao parecer este goberno prioriza outro tipo de actuacións (actos lúdico-festivos, relixiosos, etc) e deixa de man cousas , ao noso parecer, moito máis importantes como son manter en bo estado as instalacións municipais, en concreto as do CPI de Pontecesures.
18 de maio de 2008
Consello Local do BNG

sábado, 10 de mayo de 2008

Mellor gastar en festas



O BNG quere informar á cidadanía do actual estado de abandono no que se atopa o noso pobo. Entre outras, destacamos:
1.- A apertura da zanxa feita na rúa Carlos Maside-Telleiro, obra realizada fai xa máis de dous meses, da cal ainda non se repuxo o firme da calzada. Este importante acceso á praza dos Valeiros (Porto) atópase na actualidade en estado lamentable con importantes socavóns que poñen en risco aos viandantes, sen contar cos trastornos que ocasionan aos veciños da zona, comercio e automóbiles que por alí transitan.
Ao noso entender dita obra, xa rematada, quedando pendente a reposición do firme tanto tempo, pon de manifesto. a desorganización e inoperancia na xestión de infraestructuras levada a cabo pola actual equipa de goberno. O BNG espera que, logo desta denuncia pública, o goberno municipal actúe con axilidade sobre esta obra a fin de evitar males maiores.
2.- Por outro lado sorpréndenos o estado no cal se atopan os parques infantís de Porto, Condide, Carreiras, rúa Carlés e monte de Porto. Os davanditos parques teñen abundante maleza e lixo, ata o extremo de non poder ser utilizados polos nenos do noso pobo. O estado de abandono destes parques é importante, culpando o BNG desta desatrosa xestión ao actual goberno o cal adica moitos máis recursos ás festas que a manter en bo estado os parques herdados da anterior lexislatura.
Pontecesures a 10 de maio de 2008

Consello Local do BNG
Powered By Blogger