lunes, 25 de febrero de 2008

Perda postos traballo da Deputación

O grupo Municipal do BNG de Pontecesures quere manifestar respecto aos plans de Cooperación coa Deputación “Plan de actuación diversas en centros de servizos municipais do ano 2008”, o seguinte.
No BOP de Pontevedra de data 26 de decembro de 2007, publícase a convocatoria do devandito Plan, para a realización de obras ou servizos municipais de interese xeral ou social, e para contribuír a paliar as carencias de medios humanos nos concellos, mediante a contratación laboral de traballadores desempregados, ao que poden acollerse todos os concellos da provincia, e dando continuidade con elo a plans similares de anos anteriores.
O concello de Pontecesures veu participando en anos anteriores neste “Plan”, de tal xeito que desempregados do pobo teñen opción, durante cinco meses, a ocupar un destes postos, nas categorías de auxiliar, ordenanza/subalterno, oficial ou peón/operario.
Curiosamente o concello de Pontecesures quedou fora deste Plan de cooperación coa Deputación Provincial, pero non porque, aparentemente, non tivese intención de participar nel, senón porque este Goberno Municipal fíxoo fora de prazo, é dicir, deixou pasar o prazo de 15 días naturais que se establecían na convocatoria sen enviar a correspondente solicitude.
De toda a comarca do Salnés e do Ullán, o de Pontecesures foi o únco concello que quedo sen estos traballadores, podendo chegar a ter contratados a 3 como no caso de Catoira ou a 6 como no caso de Valga.
O BNG considera moi grave que desidias desta magnitude ocurran alegre e frecuentemente, pois non só se está a xogar co presente e futuro de Pontecesures, senón que tamén se está a impedir que veciños de Pontecesures teñan a oportunidade de traballar.
Parécenos insultante que este goberno, que apoia dúas dedicacións exclusivas de case 70.000 €, pagadas por todos os cesureños, non estivesen “atentos” e deixaran transcorrer os prazos sen facer nada. A súa inoperancia e ineptitude, e o de, a pesares de cobrar uns bos soldos, non estar case nunca polo concello (como ocorre no caso do Sr. Randulfe) levan a que ocorran feitos desta natureza.
O BNG esíxe públicamente una explicación de porque este goberno, con dúas personas cobrando por dedicarse en exclusiva ás tarefas de goberno, non envía a solicitude dentro do prazo.
Ante estos graves feitos, cabe supoñer que só lles interesa cobrar os seus salarios sen importarlle para nada o presente e o futuro dos veciños de Pontecesures.
Este “desgoberno” é responsable das desfeitas que están a facer no Concello, máis preocupados en despretixiarse entre eles mesmos que en gobernar Pontecesures.

Adhesión ao Consorcio

Moción deAdhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar”

D. Manuel Luis Álvarez Angueira, con DNI nº 35441300-W e D. José Antonio Baliñas Pazos, con DNI nº 35442755-P, concelleiros desta Corporación e membros do Grupo Municipal do BNG, apresentan esta moción para que sexa incorporada na orde do día do próximo pleno ordinario.

Exposición de motivos

A Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a FEGAMP asinaron, no marco do Pacto Local, un Protocolo de creación do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar asinado o 24 de abril de 2006 en Santiago polo Vicepresidente da Xunta de Galicia e o presidente da FEGAMP.

O consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten como finalidade implantar un modelo homoxéneo na prestación dos servizos de igualdade e benestar e estase a converter nun instrumento prioritario e fundamental no proceso de construcción, mellora, reforma ou adaptación dos centros: escolas infantís, centros de día da terceira idade, casas de xuventude,,etc, e no proceso de posta en marcha de fórmulas de cooperación na xestión dos centros existentes.

O Consorcio constituíuse por Resolución de 4 de xullo de 2006 da Secretaría Xeral de Igualdade e os Estatutos publicáronse no DOG nº 131 do 7 de xullo de 2006.

Doutra banda, dende xuño do ano 2005 funciona no noso concello a Escola Infantil Municipal, cun orzamento importante que se sufraga a tres bandas, por un lado coas aportacións das cuotas dos usuarios, por outra coa aportación que realiza a Administración Autonómica a través da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e finalmente o Concello sufraga o resto do orzamento.

Obsérvase que as aportacións da Administración Autonómica diminuiron no ano 2007 con respecto ao ano 2006 e esto é debido a que o noso concello non está adherido ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co que nas arcas municpais está a recaer un maior peso no gasto do coste da Escola Infantil.

Por elo estimamos necesario que a actual Escola Infantil Municipal pase a formar parte da rede de galescolas xestionada polo Consorcio que asuma ao persoal que hoxe en día presta os servicios neste Centro.

Considerando que o noso Concello presenta unha serie de necesidades aínda non cubertas, especialmente en materia de persoas maiores –Centro de Día- que no ámbito local a dotación de novos equipamentos e servizos se vai realizar a través do nomeado Consorcio, e que só se fai una cesión do uso e non da titularidade do centro, ou centros,

Propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1º.Aprobar a solicitude de adhesión ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e trasladar esta resolución ao mesmo, a fin de que nos remita o Convenio de Adhesión e os Estatutos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para a súa aprobación.

2º Solicitar que a EIM sexa xestionada polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar logo de asumir a transferencia do persoal ao devandito Consorcio.


En Pontecesures a 19 de xaneiro de 2008

Eliminación barreiras arquitectónicas Centro Social


D. Manuel Luis Álvarez Angueira, con DNI nº 35441300 W e D. José Antonio Baliñas Pazos, con DNI nº 35442755 P, concelleiros desta Corporación e membros do Grupo Municipal do BNG, apresentan esta moción para que sexa incorporada na orde do día do próximo pleno ordinario.

Exposición de motivos
O Centro Social é a instalación pública que dispón o concello para desenvolver a maior parte das actividades sociais que organiza o propio concello. Por él pasan, case a diario, moitas persoas, pois tamén é utilizado polas diversas asociacións, así como para reunións de distintos colectivos veciñais de Pontecesures. Ë un local, polo tanto, moi usado.

A pesares de ter un uso continuado, carece de acceso adecuado para persoas que teñan minusvalías físicas, caso de ter que empregar sillas de rodas, por exemplo.
Acceso adecuado que tamén é reclamado polos veciños do edificio que viven nese inmoble xa que moitas veces xurden dificultades para persoas que queiran acceder ás vivendas do edificio.

Consideramos que o Concello debe tomar conciencia da necesidade de eliminar estas barreiras que afectan a un local municipal, barreiras que na actualidade non poder seguir existindo. O BNG considera que pouco fai falla para afrontar esta reforma.


Por todo isto, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordo:

1º Acordar a necesidade de reformar a entrada do edificio para eliminar as barreiras.

2ª Presupostar o custo da obra

3º. Dotar a partida económica nos próximos orzamentos para a súa execución.

domingo, 24 de febrero de 2008

Recorte actual parada de taxis

D. Manuel Luis Álvarez Angueira, con DNI nº 35441300-W e D. José Antonio Baliñas Pazos, con DNI nº 35442755-P, concelleiros desta Corporación e membros do Grupo Municipal do BNG, apresentan esta moción para que sexa incorporada na orde do día do próximo pleno ordinario.

Exposición de motivos
Dende hai varios meses ampliouse a parada de taxis co obxecto de que tódolos taxis existentes no concello estivesen ocupando dita parada. E tamén se ampliou en 2 prazas máis en previsión de que no futuro poidera algún taxista incorporarse nesta parada.

Pasado este tempo, obsérvase claramente que a parada apenas é usada polos taxistas, quedando así moito espacio libre que non pode empregarse por ninguén..

Hai que ter en conta que a parada de taxis está situada na rúa principal en nun dos lugares más céntricos de Pontecesures, e ter prazas de estacionamento non utilizadas está a crear certo malestar entre os veciños
que observan como este espacio non é empregado polos taxistas nin pode selo tampouco polo resto dos vehículos.

Comprometeuse a Sra. Alcaldesa en Pleno, a que, se non se facía uso da parada por parte dos taxistas, procederíase a revisar o espacio destinado para tal fin.

Por todo o exposto, propoñemos ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte acordó:

Que a Sra. Alcaldesa dé as ordes oportunas aos operarios municipais para reducir o actual espacio da parada ás prazas dos vehículos que están a facer uso da mesma tódolos días.

En Pontecesures a 19 de xaneiro de 2008
Powered By Blogger